Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 1999 Páx. 762

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización III-01 Rúa do Conde (expediente 4108/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 18 de decembro acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da U.E. III-01 Rúa do Conde, formulado pola entidade Rodríguez y Mariñas, S.L., e redactado polo arquitecto Juan Ángel Visier Gil, visado polo COAG con datas do 13 de agosto, 21 de outubro e 9 de decembro de 1998.

Procédese ó trámite de información pública do expediente durante o período mínimo dun mes, mediante a inserción de anuncios no DOG e nun dos xornais dos de maior circulación da provincia, así como notificación individual ós propietarios afectados, segundo o establecido no artigo 42 da Lei do solo de Galicia, significando que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urba

nismo á disposición do público, planta baixa da Casa do Concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 4 de xaneiro de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde, presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo