En cumprimento do que dispón o artigo 94.2º da Lei de contratos das administracións públicas, publícase a adxudicación do seguinte contrato:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Verín.
b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.
c) Número de expediente: 98/185.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo do contrato: obras e subministración.
b) Descrición do obxecto: obras e subministración da mellora das instalacións eléctricas situadas en núcleo urbano.
c) Boletín de publicación do anuncio de licitación: BOP do 19-10-1998 e DOG do 23-10-1998.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base da licitación.
Importe total: 32.150.000 pesetas.
5. Adxudicación.
a) Data: Pleno do 16-11-1998.
b) Contratista: Losada Mourelo, S.L
c) Nacionalidade: española.
d) Importe da adxudicación: 32.150.000 ptas.
Verín, 23 de novembro de 1998.
Juan Manuel Jiménez Morán
Alcalde