Consonte co establecido no artigo 22.2º b) do Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, o Pleno da Corporación, na sesión do 26-11-1998, acordou suspender cautelarmente o outorgamento de licencias de obra no ámbito da zona de dominio público marítimo-terrestre e da servidume de protección no ámbito afectado polo procedemento de deslindamento dos terreos de dominio público marítimo-terrestre e da súa servidume de protección, na marxe esquerda da ría de Pontevedra entre os marcos números 213 e 220 do deslindamento actualmente vixente na avenida de Buenos Aires do termo municipal de Pontevedra, procedemento autorizado pola Dirección Xeral de Costas, o 18-9-1998.
Pontevedra, 4 de decembro do 1998.
Juan Luis Pedrosa Fernández
Alcalde
Julio Dapena Outomuro
Secretario xeral