Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 1999 Páx. 751

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1998 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 98/021 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designado os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai publica a composición da comisión que vai resolve-lo concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 98/021, convocado por Resolución do 4 de marzo de 1998 (BOE do 25), comisión que se relaciona no anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial do Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 16 de decembro de 1998.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: dereito procesual.

Praza nº: 98/021.

Comisión titular.

Presidente: Ortells Ramos, Manuel, catedrático de universidade. Universidade de Valencia (Estudi General).

Secretaria: Armenta Deu, Teresa, catedrática de universidade. Universidade de Girona.

Vocais:

Lozano-Higuero Pinto, Manuel, catedrático de universidade. Universidade de Cantabria.

Collado Yurrita, M. Pilar Oliva, profesora titular de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

González García, Jesús María, profesor titular de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Comisión suplente:

Presidente: Pedraz Penalva, Ernesto, catedrático de universidade. Universidade de Valladolid.

Secretario: Martín Ostos, José, catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.

Vocais:

Franco Arias, Just, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Vegas Torres, Jaime, profesor titular de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Calderón Cuadrado, María Pía, profesora titular de universidade. Universidade de Valencia (Estudi General).