Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 1999 Páx. 708

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

PADROADO DE TURISMO TERRAS DE TRIVES

ANUNCIO.

O Padroado de Turismo das Terras de Trives, convoca unha praza mediante contratación laboral temporal coas seguintes características:

-Coordinación da Oficina da Xerencia.

-Salario: 2.100.000 ptas.

-Funcións: xestión económico-administrativa do P.D.T. e aquelas establecidas no convenio.

-Duración: o contrato laboral rematará cando finalice o P.D.T. das Terras de Trives (duración servicio).

Para seren admitidos, os aspirantes deben reuni-los requisitos seguintes:

1º Requisitos xerais.

Teren cumpridos os dezaoito anos.

Coñecemento oral e escrito do idioma galego.

Non estar afectado por enfermidade nin limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desenvolvemento das funcións encomendadas.

Non estar separados do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario con resultado de sanción firme nin atoparse inhabilitados para o exercicio de funcións públicas.

2º Requisitos mínimos.

Título de bacherelato superior.

3º Méritos puntuables.

Experiencia en xestión ou coordinación de P.D.T.: 0,25 P./mes.

Coñecemento a nivel de ususario de informática: 2 P.

Cursos de formación: desenvolvemento local superior a 300 h: 5 P.

Curso sobre turismo e desenvolvemento sostible: 5 P.

Titulación superior á esixible:

-Grao medio: 5 P.-Grao superior: 2 P.

Memoria demostrativa dos coñecementos que o candidato posúa sobre:

-A comarca e as súas institucións.

-Plans de dinamización turística. Plans de excelencia turística 15 P máximo.

Residencia na comarca antes do 1-12-1998: 3 P.

4º Solicitudes.

Ata as 13 horas do día 15-2-1999.

Lugar: Padroado de Turismo das Terras de Trives; estes efectos oficina na Casa do Concello da Pobra de Trives.

Non se admitirán solicitudes por correo agás aquelas que teñan entrada material no rexistro do padroado dentro da data e hora sinalada como remate do prazo.

A solicitude presentarase mediante carta-instancia manuscrita do solicitante e deberá xuntar:

-Fotocopia autenticada do DNI.

-Currículum vitae ó que xuntarán os xustificantes en orixinal ou debidamente autenticados dos méritos alegados.

-A residencia na comarca antes do 1-12-1998 xustificarase exclusivamente con certificación padroal do concello correspondente.

-Memoria.

5º Proceso de selección.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a mesa de selección efectuará a valoración de méritos e convocará os tres candidatos de máis puntuación a unha entrevista persoal.

Resultará seleccionado o candidato que, sumada a fase de méritos máis a de entrevista, acade unha maior puntuación.

A entrevista terá unha puntuación máxima de 5 P.

A mesa de selección será a mesa de contratación do Padroado de Turismo das Terras de Trives.

A Pobra de Trives, 11 de decembro de 1998.

Pedro Fernández Fernández

Presidente do Padroado de Turismo Terras de Trives