Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 1999 Páx. 707

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SILLEDA

CONVOCATORIA de promoción interna para unha praza de administrativo no Concello de Silleda.

No BOP de Pontevedra número 211 do 2 de novembro de 1998, publícanse integramente as bases específicas de promoción interna, para prover unha praza de administrativo de Administración xeral, subescala administrativa, clase administrativo e integrada no grupo C.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado, e logo da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP de Pontevedra, segundo o previsto nas bases.

Silleda, 8 de xaneiro de 1999.

O tenente alcalde

Rubricado