Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 1999 Páx. 704

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1998, da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto (tramitación anticipada), para a adquisición de vendas. (C.P.S. 2/1999).

O director xerente de Atención Primaria de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a continuación se cita:

1. Obxecto: adquisición de vendas.

Os licitadores poderán concorrer a un ou á totalidade dos lotes en que se divide o obxecto da subministración.

2. Orzamento: 17.920.600 ptas. (IVE incluído).

Garantía provisional: 358.412 ptas.

Lote 1: vendas elásticas de crepé.

Orzamento: 3.168.000 ptas.

Garantía provisional: 63.360 ptas.

Lote 2: vendas elásticas adhesivas.

Orzamento: 2.322.600 ptas.

Garantía provisional: 46.452 ptas.

Lote 3: vendas cohesivas elásticas de fixación.

Orzamento: 12.430.000 ptas.

Garantía provisional: 248.600 ptas.

3. Forma de adxudicación: concurso público, polo procedemento aberto e tramitación anticipada.

4. Prazo de entrega: ver número 4.3 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Admisión de variantes: só se admitirá unha variante de cada artículo.

6. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Criterios de adxudicación:

Prezo: ata 6 puntos.

Calidade: ata 3 puntos.

Servicio: ata 1 punto.

8. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Departamento de Subministración da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, sita na

Avda. de Zamora, 13-3ª planta, 32005 Ourense. Teléfono: 988 38 64 37, fax: 988 38 64 50, tódolos días laborables, agás sábados, durante as horas hábiles de oficina.

9. Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo na forma indicada no punto 10.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no seguinte día hábil.

11. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios: o pagamento dos anuncios deste concurso serán por conta do/s adxudicatario/s do contrato.

Ourense, 30 de decembro de 1998.

José F. Troncoso Casares

Director xerente de Atención Primaria de Ourense