Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 1999 Páx. 695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 10 decembro de 1998, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se relacionan liquidación complementaria e comprobación de valores pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Díaz Piñeiro, Carlos Agustín).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria,

segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse liquidación complementaria e comprobación de valores pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola oficina liquidadora do distrito hipotecario de Mondoñedo en aplicación do artigo 52 da lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante da oficina liquidadora sinalada no parágrafo anteior; con enderzo na Avenida San Lucas 9, Mondoñedo, Lugo en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 10 de decembro de 1998.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Díaz Piñeiro, Carlos Agustín

(33.802.5230Z); Avda. da Coruña 23, Lugo

Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados; Exp. 1529/97; N.P. 728/97; N.L. 662/97