Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 1999 Páx. 695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 10 de decembro de 1998, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se relacionan comprobacións de valores pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Luis Varela, Petra e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de mediadas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse comprobacións de valores pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázasen os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na Ronda da Muralla 70-1ª planta, Lugo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 10 de decembro de 1998.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Luis Varela, Petra (12.690.024G); r/ Montirón 10-6º, LugoImposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados; Exp. 8005/96
González Teijeiro, Carlos (33.835.741G); r/ Primavera 1-2ºD, LugoImposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados; Exp. 7099/94
Frade Rico, Manuel María (33.643.509H); r/ Rafael Alberti 15-4º C, A CoruñaImposto sobre sucecións e doazóns; Exp. 137/98