Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 1999 Páx. 692

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 1998 pola que se resolve o concurso de libre designación para a provisión dun posto vacante do cadro de persoal funcionario de administración e servicios desta universidade.

De acordo co disposto na base 4ª da Resolución do 3 de novembro de 1998, da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se convoca concurso de libre designación para a provisión dun posto vacante no cadro de persoal funcionario de administración e servicios desta universidade.

Rematado o prazo de presentación de instancias e á vista das solicitudes presentadas e logo do informe da xerente,

Este rectorado, en uso das competencias que lle recoñece o artigo 18 da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la adxudicación do posto de traballo contido no anexo desta resolución.

Segundo.-O destino adxudicado será irrenunciable, agás que antes de remata-lo prazo de toma de posesión se obtivese outro destino mediante convocatoria pública, quedando obrigado o interesado, neste caso, a comunicarllo ó rector da Universidade de Santiago de Compostela no prazo de tres días.

Terceiro.-O prazo para tomar posesión do destino obtido será de tres días hábiles se o funcionario radica na mesma localidade, ou dun mes se radica en localidade distinta. O prazo de toma de posesión empezará a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1998.

P.D. (Resolución 18-12-1998)

Cástor Méndez Paz

Vicerrector de Profesorado

ANEXO

Posto de traballo: vicexerente do Campus de Santiago de Compostela.

Nivel: 28.

Grupo: A/B.

Apelidos e nome: Villanueva Prieto, José Manuel.

DNI: 32.430.998.

Complemento específico: 2.819.585 ptas.