Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 1999 Páx. 691

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1998 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de didáctica e organización escolar, do departamento de Didáctica e Organización Escolar, a Eulogio Pernas Morado (praza 1567/1998).

De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 20 de xaneiro de 1998 (BOE do 11 de febreiro) para a provisión

da praza de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de didáctica e organización escolar, do departamento de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Santiago de Compostela, a favor de Eulogio Pernas Morado, tendo en conta que o interesado cumpre os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro;

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Eulogio Pernas Morado profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de didáctica e organización escolar, do departamento de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 1998.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela