Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 1999 Páx. 690

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 1998 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso de méritos dunha praza de profesorado desta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados pola secretaría xeral desta universidade os vocais correspondentes, e dado que se trata dun concurso de méritos e non dun concurso ordinario,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso de méritos, para a provisión dunha praza de profesorado desta universidade, convocada por resolución da Universidade de Santiago de Compostela do 1 de xullo de 1998 (BOE do 21 de xullo) e que é a que se relaciona como anexo a esta resolución.

A devandita comisión deberase constituír nun prazo non superior a catro meses, que se contarán desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial do Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 1998.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Praza de: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento: didáctica e organización escolar.

Praza nº: 1613/1998.

Comisión titular.

Presidente: Carlos Rosales López, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: Anxo Porto Ucha, catedrático de escola universitaria. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: Jaume Sureda Negre, catedrático de universidade. Universidade de Baleares.

Vocal 2º: Martiniano Román Pérez, catedrático de escola universitaria. Universidade Complutense de Madrid.

Vocal 3º: Martín Rodríguez Rojo, catedrático de escola universitaria. Universidade de Valladolid.

Comisión suplente.

Presidente: Miguel Ángel Zabalza Beraza, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: Alfonso Cid Sabucedo, catedrático de escola universitaria. Universidade de Vigo.

Vocal 1º: Saturnino de la Torre, catedrático de universidade. Universidade de Barcelona.

Vocal 2º: Joaquín Pelach Buson, catedrático de escola universitaria. Universidade de Girona.

Vocal 3º: María Merc Boix Navarro, catedrática de escola universitaria. Universidade de Barcelona.