Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 1999 Páx. 689

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 1999, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B) convocado pola Orde do 30 de decembro de 1997 (DOG número 11, do 19 de xaneiro de 1998) pola que se ordena a publicación do acordo adoptado na sesión celebrada o 14 de xaneiro de 1999, sobre o anuncio da data, a hora e o lugar de celebración do segundo exercicio da fase de oposición.

En sesión celebrada o día 14 de xaneiro de 1999 polo tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 30 de decembro de 1997, acordou, de conformidade co disposto nas bases II.3.3 e II.3.4 da convocatoria, que o segundo exercicio da fase de oposición terá lugar o día 3 de febreiro de 1999 ás 17.30 horas na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela, en chamamento único. As portas de acceso ó lugar abriranse para a realización do exame ás 17 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos do DNI e bolígrafo ou pluma estilográfica.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 1999.

Pablo Figueroa Dorrego

Presidente do tribunal