Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 1999 Páx. 657

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN conxunta do 15 de decembro de 1998, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e do Instituto Galego de Consumo, pola que se publica a selección de dez proxectos de educación para o consumo na escola presentados por centros escolares de niveis non universitarios que se vinculan á Rede Europea de Educación do Consumidor.

Por Resolución do 5 de outubro de 1998 (DOG nº 216, do 6 de novembro), a Consellería da Presidencia e Administración Pública convocou concurso público para seleccionar dez proxectos de educación para o consumo na escola, presentados por centros educativos de niveis non universitarios que desexen vincularse á Rede Europea de Educación do Consumidor. Vista a proposta do xurado relativa á selección dos traballos presentados, efectuada segundo a base 8ª da convocatoria, procede a súa publicación de conformidade co establecido na base 10ª. Na súa virtude,

RESOLVEMOS:

Facer pública a selección de proxectos presentados polos centros educativos, de conformidade coa Resolución do 5 de outubro de 1998, que se relacionan no anexo desta orde, e vinculan a estes centros á Rede Europea de Educación do Consumidor.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 1998.

José Luis Mira Lema

Director xeral de Ordenación Educativa

y Formación Profesional

Jorge Rodríguez Vázquez-Molezún

Presidente do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

1. Título: Consumes o Te Consumes

Centro: CEIP Emilia Pardo Bazán.

Localidade: A Coruña.

Coordinadora: Mª Luz Agra Pardiñas.

2. Título: Estudio de Bens, Productos e Servicios.

Centro: IES Porta da Auga.

Localidade: Ribadeo.

Coordinador: Álvaro Doural Leiras.

3. Título: Enredos e Trebellos

Centro: CEIP Santo Estevo.

Localidade: Parga.

Coordinadora: Mª Victoria Esteban Riesco.

4. Título: Alimentación e Consumo.

Centro: CEIP San Clodio.

Localidade: Santo Estevo de Ribas de Sil.

Coordinador: Manuel Cao Rodríguez.

5. Título: A miña Vida en Euros.

Centro: CEIP Irmás Villar.

Localidade: Ourense.

Coordinador: Emilia T. Fraga González.

6. Título: Somos Europeos.

Centro: CEIP Lagoas 3.

Localidade: Ourense.

Coordinadora: Mª Elisa Vidal López.

7. Título: Escola e Consumo.

Centro: CEIP Froebel.

Localidade: Pontevedra.

Coordinadora: Mª Teresa Couto Nogueira.

8. Título: Nova Visión do Consumo 3 Erres.

Centro: CEIP Enrique Barreiro Piñeiro.

Localidade: Cambados.

Coordinadora: Eulalia Planas Bacarisas.

9. Título: Preparándonos para o Cambio.

Centro: CEIP Lourido e Chancelas.

Localidade: Poio.

Coordinador: Manuel Fontán Teso.

10. Título: Consume con Xeito.

Centro: CEIP Ardán.

Localidade: Marín.

Coordinador: Jesús Portas Ferro.