Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 1999 Páx. 650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 14 de decembro de 1998, adoptou os seguintes acordos:

1. Aprobar definitivamente o texto refundido do Plan Especial de Protección da Cidade Vella e Pescadería.

2. Levar a cabo os requisitos legais necesarios para a súa entrada en vigor, derivados do disposto no artigo 48 da Lei do solo de Galicia de 1997.

O que se fai público significando que contra o acordo que se traslada cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondentes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

A Coruña, 15 de decembro de 1998.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda