Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 1999 Páx. 598

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARZÚA

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente polo Pleno do Concello, na sesión do día 26 de novembro de 1998, a modificación puntual do plan parcial de ordenación do parque empresarial de Arzúa, redactada polo arquitecto Miguel Serrano Gómez, que ten por obxecto poder efectua-la segregación da parcela de uso industrial e comercial propiedade municipal para a obtención de parcelas de menor dimensión, unha das cales se utilizaría para a colocación da instalación de almacenamento de gas para uso urbano, propondo como consecuencia o trazado dunha nova vía para dar acceso ás parcelas resultantes, o cal determina que teña que realizarse unha estructuración de toda a zona, que afectará a zona verde, a parcela de equipamento comercial e socio-deportivo e outra parcela de uso industrial.

Dándolle cumprimento á previsión contida no artigo 42 nº 1 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, somètese o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da última inserción deste anuncio noDiario Oficial de Galiciae no Boletín Oficial da provincia, período durante o cal poderá ser examinado o expediente e deducidas as alegacións pertinentes.

O dito acordo de aprobación inicial, conforme establece o artigo 32, nº2 da citada Lei 1/1997, do 24 de marzo, determina, por si só, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito territoral, comprendido pola área do territorio afectada pola modificación agora acordada do referido plan parcial, que estaría referida á zona de equipamento comercial

e socio-deportivo do polígono industrial, dado que sobre a zona verde non sería previsible a concesión de licencias urbanísticas, toda vez que as novas determinacións supoñen modificación do réxime urbanístico vixente.

Concrétase que esta suspensión terá unha duración máxima dun ano e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva da modifiación puntual do plan parcial.

En Arzúa, 30 de novembro de 1998.

Manuel Moscoso López

Alcalde