Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 1999 Páx. 595

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 1998, da Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se anuncia, por tramitación anticipada, concurso público para a contratación dos expedientes plurianuais 305/1998, 1 e 2/1999.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca os seguintes concursos públicos:

Expediente número: 305/1998.

Obxecto: arrendamento dunha lavacentrífuga con destino á lavandería.

Importe de licitación: 9.120.960 ptas.

Garantía provisional: 182.419 ptas.

Expediente número: 1/1999.

Obxecto: adquisición de reactivos para a identificación e sensibilidade bacteriana e arrendamento do sistema automatizado con destino ó Laboratorio de Microbioloxía.

Importe de licitación: 10.103.722 ptas.

Garantía provisional: 202.074 ptas.

Expediente número: 2/1999.

Obxecto: adquisición de reactivos de coagulación e arrendamento de autoanalizadores con destino ó Laboratorio de Hematoloxía.

Importe de licitación: 19.250.000 ptas.

Garantía provisional: 385.000 ptas.

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos. Estrada de San Pedro, s/n, en Ferrol.

a) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións, Unidade de Contratación.

b) Número dos expedientes: o indicado para cada expediente.

2. Obxecto da contratación.

a) Descrición do obxecto: as arriba indicadas.

b) División en lotes: nun único lote. (Punto 3.2 da folla de especificacións do prego-tipo).

c) Lugar de entrega: ve-lo punto 1, Unidade de Lavandería, Servicio de Subministracións, laboratorios de Microbioloxía e Hematoloxía.

d) Prazo de entrega: ve-la folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e modalidade de adxudicación.

a) Tramitación: anticipada.

b) Procedemento: aberto.

c) Modalidade: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importes totais: os arriba indicados para cada expediente.

5. Garantías.

Provisionais: as arriba indicadas para cada expediente.

6. Obtención de documentación e información.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro, s/n, 15405 Ferrol (A Coruña). Teléfono 981 33 45 14. Fax 981 33 40 84.

7. Requisitos específicos do contratista.

As solvencias económica, financeira e técnica acreditaranse por algún de entre os documentos sinalados nos anexos I e II do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo límite de presentación: antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: ve-lo punto 1, rexistro xeral.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes:

CP 305/1998: admítese a presentación de variantes. (Punto 3.5 da folla de especificacións do prego-tipo).

CP 1 e 2/1999: non se admite a presentación de variantes.

9. Apertura de proposicións.

Será realizada en acto público pola mesa de contratación, na sala de xuntas do citado complexo hospitalario, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

10. Outras informacións.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100

do Regulamento xeral de contratación do Estado. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado neste anuncio. Transcorridos, con todo, dez días naturais seguintes á indicada data sen ter recibido a mencionada proposición, esta non será admitida en ningún caso.

Os criterios que se seguirán para a adxudicación do contrato son os que se establecen na folla de especificacións e documentos anexos do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de execución do contrato:

CP 305/1998: 36 meses desde a entrega.

CP 1 e 2/1999: desde o asinamento do contrato ata o ano 2000.

11. Gastos de anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta dos adxudicatarios.

Ferrol, 22 de decembro de 1998.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos

de Ferrol