Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 1999 Páx. 591

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA de notificación (vpp, expediente C136CD63, conta 407).

O delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo dictou a seguinte resolución:

«Vista a solicitude de Cruz Mª Barrientos Conde, para regulariza-la súa situación de ocupante dunha vivenda de promoción pública, Barrio das Flores, bloque 12, nº 1, A Coruña, conta nº 407, expediente C136CD63, ó amparo do Decreto 320/1995, do 2 de decembro.

Resultando que examinada a solicitude e a documentación adxunta a este, entre a que se encontra un escrito no que expón as súas circunstancias persoais e familiares, certificados do catastro acreditativos de non posuír bens de natureza urbana nin rústica, declaración xurada de non posuír ningún tipo de propiedade os compoñentes da unidade familiar e o certificado de empadroamento, constátase que a solicitante non se encontra na situación de

ocupante, de conformidade co establecido no Decreto 320/1995, do 2 de decembro (DOG do 19 de decembro de 1995).

Considerando que o Decreto 320/1995, do 2 de decembro (DOG do 19 de decembro de 1995), na súa disposición transitoria segunda, establece que as medidas previstas nel non se estenderán ás situacións que se produciron a partir do día 26 de maio de 1994.

Considerando que a interesada non acredita residir na vivenda, non poderá acollerse ós beneficios establecidos no Decreto 320/1995, do 2 de decembro,

RESOLVO:

Denega-la regularización da vivenda sita na Coruña, Barrio das Flores, bloque 12, nº 1, unifamiliar, expediente C136CD63, conta nº 407, a Cruz Mª Barrientos Conde.

Contra a presente resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte á recepción desta resolución, de acordo co establecido no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A Coruña, 18 de setembro de 1998. Fdo.: Delegado provincial, Jesús Almuíña Loeda».

A Coruña, 4 de decembro de 1998.

Rosa Gallego Neira

Xefa accidental da Área provincial da Coruña