Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 1999 Páx. 588

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a adxudicación dos servicios de cafetería, perruquería e podoloxía en centros dependentes desta delegación provincial.

De conformidade co disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, esta delegación provincial resolve facer públicas as adxudicacións para a contratación dos servicios de cafetería, perruquería e podoloxía en centros dependentes desta delegación provincial anunciados a concurso, polo sistema de procedemento aberto e trámite de urxencia, no DOG nº 206, do 23 de outubro de 1998.

Servicio de cafetería:

-Centro Social de Baiona: queda deserto.

-Centro Social de Coia: adxudícaselle a Vicenta Lorenzo Conde cun canon de explotación anual de 12.000 ptas. (doce mil pesetas).

-Centro Social de Tui: adxudícaselle a Matilde Nores Casqueiro cun canon de explotación anual de 12.000 ptas. (doce mil pesetas).

-Residencia da 3ª Idade de Marín: queda deserto.

-Residencia da 3ª Idade do Meixoeiro: adxudícaselle a Soledad Campos Rodríguez cun canon de explotación anual de 12.000 ptas. (doce mil pesetas).

-Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo: adxudícaselle a Ricardo Bermúdez Docampo cun canon de explotación anual de 20.000 ptas. (vinte mil pesetas).

Servicio de perruquería:

-Centro Social de Vilagarcía: adxudícaselle a Filomena Gómez Calvo cun canon de explotación anual de 12.000 ptas. (doce mil pesetas).

-Residencia da 3ª Idade da Estrada: adxudícaselle á empresa Body Look, S.L. cun canon de explotación anual de 12.000 ptas. (doce mil pesetas).

-Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo: adxudícaselle a Milagros Uruburu Chao cun canon de explotación anual de 12.000 ptas. (doce mil pesetas).

Servicio de podoloxía:

-Centro Social de Vilagarcía: queda deserto.

Vigo, 19 de novembro de 1998.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Jorge García-Borregón Millán

Delegado provincial de Pontevedra