Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 1999 Páx. 585

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/211-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Ministerio de Fomento.

Domicilio social: Sáenz Díez, 1, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., túnel autovía.

Situación: Toén.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 96 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe en apoio de derivación da L.M.T. a C.T. Alongos e remate no C.T. aéreo proxectado en túnel da autovía das Rías Baixas en Alongos con 100 kVA e R/T 20.000/380-220 V. R.B.T. subterránea con orixe no devandito C.T. aéreo de 145 metros en conductor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 10 de decembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense