Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 1999 Páx. 584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Pena Grande para os efectos de presentación de proxectos en competencia. (Expediente 030-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Pena Grande coas seguintes características:

Peticionario: Made, Energías Renovables, S.A. Paseo de la Castellana, 95, planta 29. 28046 Madrid.

Situación: Concello de Muras (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V (0.613.881,77; 4.819.719,84); V (0.614.500; 4.819.875,60).

V (0.616.350; 4.818.400); V (0.616.017,06; 4.817.734,12).

Superficie afectada: 164,09 ha.

Potencia bruta: 17,82 Mw.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 2 de decembro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo