Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 1999 Páx. 582

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/260-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T. e C.T. no edificio San Roque-bloque 2.

Situación: Ponteareas.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 50 m de lonxitude, con conductor de 95 mm Al, desde a L.M.T. San Roque, rematando no C.T. que se proxecta no edificio San Roque, bloque 2, na Avda. Fernández de la Mora, Concello de Ponteareas. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20 kV-380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 24 de novembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra