Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro privado Virgen Milagrosa de Bueu, no que solicita autorización para a súa apertura e funcionamento.
Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se remite cos informes correspondentes.
Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados
para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.
Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.
Esta consellería, por porposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,
DISPÓN:
Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento do centro de educación secundaria e, como consecuencia disto, establece-la configuración definitiva do centro existente no mesmo edificio ou recinto escolar, segundo se especifica no anexo.
Segundo.-A presente autorización terá efectos progresivamente, a medida que se implanten as ensinanzas autorizadas conforme o calendario de aplicación de nova ordenación do sistema educativo.
Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas de educación secundaria obrigatoria que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.
Cuarto.-O centro de educación secundaria que pola presente orde se autoriza deberá cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.
Quinto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.
Santiago de Compostela, 17 de decembro de 1998.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
ANEXO
Provincia: Pontevedra.
Concello: Bueu.
Localidade: Bueu.
Enderezo: Pazos de Fontenla, 55.
Código do centro: 36000351.
Denominación específica: Virgen Milagrosa.
Titular: Fillas de Caridade.
Composición resultante:
a) Centro de Educación Infantil: 3 unidades.
b) Centro de Educación Primaria: 6 unidades.
c) Centro de Educación Secundaria: 4 unidades de Educación Secundaria Obrigatoria.