Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 1999 Páx. 529

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/239-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Moruxo-Praia.

Situación: Bergondo.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 32 m de lonxitude, con orixe na liña 4 Pedrido, tramo Pedrido-Sada (expediente 27217) e remate no C.T. Moruxo-Praia, que se vai instalar. Centro de transformación, en caseta rpefabricada, de 160 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, en Moruxo-Praia, do que parte rede subterránea de baixa tensión, con conductor R.V. de 25 m de lonxitude e ramal aéreo sobre apoios de fomrigón e conducgor R.Z. de 75 m de lonxitude. Bergondo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 26 de novembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

11383