Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro nº 4, 27002 Lugo.
Denominación: L.M.T. e C.T. na praza do Mercado nº 15 (Rábade).
Situación: Rábade.
Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV en conductor D.H.Z. 1 cunha lonxitude de 288 m. Un centro de transformación en edificio de 630 kVA e 20/0,380-0,220 kV.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran
nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 24 de novembro de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
11451