Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 1999 Páx. 526

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (58/1998).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e certifico:

Que neste xulgado do meu cargo e baixo o nº 58/1998 se segue xuízo de faltas sobre furto no cal se dictou sentencia que contén o seguinte encabezamento e decisión:

Sentencia.

En Santiago de Compostela o catro de novembro de mil novecentos noventa e oito.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do seu partido, os presentes autos de xuízo de faltas nº 58/1998, seguidos por furto, sendo parte denunciante o representante legal da entidade Alcampo, aparecendo como parte denunciada Xoán Lois Gallego Torrado, maior de idade, o Ministerio Fiscal amosouse parte.

Decido.

Que debo condenar e condeno a Xoán Lois Gallego Torrado, como autor responsable dunha falta de furto do artigo 623-1º do Código Penal, á pena de multa dun mes, a razón de 500 ptas/día con arresto substitutorio dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que poderá cumprirse con arrestos de fin de semana; así mesmo, deberá aboa-lo pagamento das custas procesuais.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se interpoñerá no prazo de cinco días desde

a súa notificación ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito ó que me remito e para que conste, para os efectos que procedan e para que lle sirva de notificación en forma ó denunciado Xoán Lois Gallego Torrado en ignorado pardoiro, expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela o catro de decembro de mil novecentos noventa e oito.

El/la secretario/a

Rubricado

11472