Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 1999 Páx. 470

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MURAS

ANUNCIO de licitación para a adquisición dun vehículo polivalente.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Muras.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición vehículo polivalente.

b) Prazo de entrega: trinta días naturais a partir da data de adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adquisición.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 8.000.000 de ptas. (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: 100.000 ptas.

Definitiva: 320.000 ptas.

6. Obtención de documentos e información.

a) Entidade: Concello de Muras (secretaría).

b) Enderezo: praza do Concello, 4.

c) Localidade e código postal: 27836 Muras.

d) Teléfono e fax: 982 50 00 01 e 982 50 00 63.

e) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación de ofertas.

a) Prazo: de 9.30 a 13.30 horas, durante 26 días naturais contados a partir da publicación do anuncio de licitación no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a prevista no prego de condicións técnico-administrativas.

c) Lugar de presentación: Concello de Muras (rexistro xeral).

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Muras (salón de sesións).

b) Data: terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de plicas, non coincidente con sábado; en tal caso faríase o primeiro día hábil seguinte.

c) Hora: 13 horas.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os gastos derivados da contratación e formalización do contrato, incluíndose anuncios de licitación e taxas, así como o pagamento de tributos estatais, locais e autonómicos derivados do contrato.

Tendo en conta que conforme o disposto no artigo 122 do Real decreto lei 781/1986, do 18 de abril, se encontra sometido á información pública o prego de condicións técnico-administrativas que rexerá esta contratación, polo presente anuncio faise saber que, de se presentaren reclamacións contra os citados documentos dentro do prazo sinalado, a licitación quedará aprazada ata a súa resolución. Neste caso publicarase un novo anuncio no BOP de Lugo, con indicación da data límite de presentación das ofertas.

Muras, 3 de decembro de 1998.

Issam Alnagm Azzam

Alcalde-presidente

11429