Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: R.B.T. na Castellana (Ferreira do Valadouro).
Situación: Ferreira do Valadouro.
Características técnicas: rede de baixa tensión en conductor R.Z. cunha lonxitude de 1.550 metros.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran
nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 24 de novembro de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
11456