Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 1999 Páx. 397

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/216-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Bos.

Situación: Bergondo.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, de 217 m de lonxitude, con orixe na liña 4 subestación San Marcos, tramo enlace C.T. Orfebre-C.T. Capataces, e remate no C.T. Bos que se vai instalar. Centro de transformación, tipo prefabricado, de 160 kVA e tensións de 15-20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 216 m, e rede subterránea baixo tubo, con conductor R.V. de 246 m. Bergondo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 25 de novembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

11366