Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 1999 Páx. 393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/164-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Lestrove oeste.

Situación: Padrón e Dodro.

Descricións técnicas: liña eléctrica aéreo-subterránea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón (4) e metálicos (3) e con conductor LA-56, de 514 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 15 (bordo río Sar) e remate no C.T. aéreo sobre pórtico en Lestrove, seguido de tramo subterráneo de 10 m de lonxitude en conductor 2 R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, con final C.T. Lestrove oeste. Centro de transformación en caseta prefabricada, de 160 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Lestrove do que parte rede subterránea, en conductor 2 R.Z. 0,6/1 kV, de 3(1x95) mm Al, 2 R.V. 0,6/1 kV de 3 (1x95) mm Al, 2 R.V. 0,6/1 kV de 4 (1x150) mm Al. Padrón e Dodro.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 24 de novembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

11363