Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 1999 Páx. 392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1998, da Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación e se somete a información pública a relación de propietarios, dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de acondicionamento da estrada LU-212, treito Monterroso-Taboada, concellos de Monterroso e Taboada. (Clave N/LU/95.2).

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas do 15 de decembro de 1997, foi aprobado o proxecto das obras de acondicionamento da estrada LU-212, treito Mointerroso-Taboada, concellos de Monterroso e Taboada. (Clave N/LU/95.2).

En acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, o día 8 de xaneiro de 1998, declárase de urxencia para efectos de aplicación do procedemento que regula o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, a ocupación de bens e dereitos afectados polo dito proxecto.

Para tal efecto convócanse ós propietarios e titulares de bens e dereitos afectados, que figuran na relación exposta nos taboleiros de anuncios dos concellos de Monterroso e Taboada, e na Delegación Provincial de Lugo, para que comparezan no lugar,

día e hora que se detalla a continuación, co fin de proceder ó levantamento de actas previas á ocupación deles, que recollerán os datos necesarios para a determinación dos dereitos afectados, os seus titulares e o valor daqueles, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o considerase necesario.

Lugar: Casa do Concello, Concello de Taboada.

Horario: de 10 a 13 horas.

Data: 25 de xaneiro de 1999.

De: Almenar Sánchez, Carlos (F. 149) a Ledo Ramos, Benjamín (F. 159).

Data: 26 de xaneiro de 1999.

De: Leiro, Antonio (F. 30) a Rodríguez Fernández, Manuel (F. 129).

Data: 27 de xaneiro de 1999.

De: Rodríguez Lamela, Carlos (F. 73) a Viñaz Vázquez, Segundo (F. 81).

Lugar: Casa do Concello, Concello de Monterroso.

Horario: de 10 a 13 horas.

Data: 28 de xaneiro de 1999.

De: Alvelo, Dimas (F. 180) a Ferreiros, Matilde (F. 156).

Data: 1 de febreiro de 1999.

De: Ferreiro Cabana, Alfonso (F. 158) a López Pérez, Adelque (F. 191A).

Data: 2 de febreiro de 1999.

De: Losada González, Demetrio (F. 67) a Regueira Souto, Carmen (F. 113).

Data: 3 de febreiro de 1999.

De: Requejo, José Claudio (F. 208) a Viñas Villar, Odina (F. 193).

Ó devandito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo acompañarse -á súa custa-, se o estimaren oportuno, dos seus peritos e un notario.

Tida conta destes antecedentes e en cumprimento do establecido no artigo 17, parágrafo 2º da Lei de expropiación forzosa, ábrese a información pública ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito ante esa Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia, sita na Ronda da Muralla, nº 70-5ª planta, 27071 Lugo, as alegacións, que coiden pertinentes co obxecto de emendar posibles erros que se producisen ó relaciona-los propietarios afectados.

Lugo, 23 de decembro de 1998.

José Antonio Cobreros Aranguren

Enxeñeiro-xefe provincial de Estradas de Lugo

11364