Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 1999 Páx. 360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 1 de decembro do ano en curso, acordou amplia-lo prazo de exposición pública do Plan Xeral do Concello de Rianxo nun mes e quince días, que empezarán a contarse desde o día seguinte a aquel en que se produza a última publicación deste anuncio (xornal La Voz de Galicia, BOP ou Diario Oficial de Galicia). Durante o dito prazo ampliado, calquera entidade ou persoa interesada poderá coñecer e examina-la documentación integrante do plan xeral nas dependencias municipais sitas na praza de Castelao-cuartel vello e presenta-los escritos de alegacións que consideren convenientes.

Rianxo, 2 de decembro de 1998.

Pedro Piñeiro Hermida

Alcalde