Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 1999 Páx. 359

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LARACHA

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1998 pola que se anuncia a contratación da subministración dun vehículo recolector-compactador de residuos sólidos urbanos, por concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP e acordo da Comisión de Goberno, do 10 de decembro de 1998 anúnciase concurso, con procedemento aberto, por tramitación urxente para adxudica-la adquisición dun vehículo recolector-compactador de residuos sólidos urbanos, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a adquisición dun vehículo recolector-compactador de residuos sólidos urbanos.

2. Duración do contrato: dous meses.

3. Tipo de licitación: 18.000.000 de pesetas.

4. Pago: o pago do prezo da adxudicación farase efectivo con cargo á partida orzamentaria 6.2.4.00.

5. Publicidade dos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas: estarán de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas municipais, departamento de contratación.

6. Garantía provisional: será o 2% do tipo de licitación.

7. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares (1): durante os 8 primeiros días hábiles, seguintes á publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación no caso de impugnación.

8. Garantía definitiva: o 4% do orzamento.

9. Presentación de proposicións: durante os 13 días naturais seguintes á publicación do anuncio no BOP.

10. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte á conclusión do prazo para presentación de proposicións, excepto se coincidise en sábado, neste caso diferirase ó primeiro día hábil seguinte.

11. Modelo de proposición: o recollido na cláusula 25 do prego de cláusulas.

Laracha, 10 de decembro de 1998.

El alcalde

Rubricado

11313