Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 1999 Páx. 335

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 22 de decembro de 1998 pola que se eleva a definitiva a proposta dos aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 6 correspondente ó grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

De conformidade co disposto nas bases IV e V da convocatoria para o acceso á categoría 6 do grupo IV, levada a efecto pola Orde do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, do 12 de decembro), e remitida polo tribunal IV-1 a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Elevar a definitiva a proposta do tribunal IV-1 dos aspirantes que superaron o proceso selectivo da categoría 6 do grupo IV, publicándose como anexo da presente orde.

Segundo.-Os aspirantes que constan no dito anexo deberán remitir, no prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no DOG, á Dirección Xeral da Función Pública os documentos a que se refire a base V.1 da orde de convocatoria.

Terceiro.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO I

Relación definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 6 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Categoría 6 (axudante servicios técnicos, oficial 2ª de mantemento).

Promoción interna:

APELIDOS E NOMEDNINOTA 1NOTA 2MÉRITOSTOTAL

BUA SAYÁNS, JUAN JOSÉ35.307.17410.505.400.8016.70

Acceso libre:

APELIDOS E NOMEDNINOTA 1NOTA 2MÉRITOSTOTAL

BESTILLEIRO LOURO, JOSÉ MANUEL76.357.77215.5010.000.0125.51

VÁZQUEZ CASTRO, JESÚS33.861.34510.505.949.0025.44

VARELA BOADO, JESÚS33.213.67314.005.855.4025.25

MARCOS QUINTANILLA, RAFAEL12.366.00811.005.318.6224.93

FERNÁNDEZ DIEZ, JESÚS32.823.27215.008.950.0023.95

LÓPEZ LASTRES, MANUEL FRANCISCO32.765.01115.508.140.0023.64

BARCIA DÍAZ, JESÚS77.592.29314.006.071.5021.57

COUSILLAS RAMOS, JESÚS ÁNGEL32.412.31710.507.382.2520.13

Quenda de discapacitados:

APELIDOS E NOMEDNINOTA 1NOTA 2MÉRITOSTOTAL

VIDAL SÁNCHEZ, ANTÓN33.218.80213.005.161.0019.16

94