Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 1999 Páx. 334

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 1 de decembro de 1998 pola que se eleva a definitiva a proposta dos aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso nas categorías 2, 3, 4, 5, 9, 11, 12, 16, 17, 20, 21, 23, 24, 25, 30 e 31 correspondentes ó grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 239, do venres 11 de decembro de 1998, cómpre face-la oportuna corrección:

-Na páxina 13.270, no anexo da dita orde, na categoría 3 (auxiliar sanitario/auxiliar de clínica e outro)

onde di: «Tarrío Vázquez, Isabel 35.440.703 15.10 6.67 2.43 24.20», debe dicir: «Tarrío Vázquez, Isabel 35.440.703 15.10 6.67 6.63 28.40», modificándose a orde dos aspirantes en función da puntuación.

-Na páxina 13.272, no anexo da dita orde, na quenda de acceso libre da categoría 11 (auxiliar de laboratorio), onde di: «Casal Bouza, María del Carmen», debe dicir: «Casal Bouza, María José»; onde di: «Estévez Campo, Rosa Erea», debe dicir: «Estévez Campos, Rosa Erea»; a aspirante «Noya Castro, Carmen» débese eliminar da quenda de acceso libre.

-Na páxina 13.273, no anexo da dita orde, na categoría 31 (lagoeiro, práctico especialista) onde di: «discapacitados: Casal Montero, Consuelo», debe dicir: «Acceso libre: Casal Montero, Consuelo».

92