Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 1999 Páx. 304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de concurso aberto.

1. Obxecto do contrato: a execución do lote das obras de acondicionamento das beirarrúas en Otero Pedrayo e mellora do firme na rúa Curros Enríquez; mellora do firme rúa Vázquez Leis e Bouza de Abaixo e aconcionamento beirarrúas e firme en Benigno Santos e Refael Pazos.

2. Prazo do contrato: tres meses.

3. Prezo do contrato: 15.500.000 de ptas.

4. Garantías provisional e defintivia: a garantía provisional, para participar no concurso será de 310.000 ptas.

O adxudicatario estará obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4% do importe da adxudicación.

5. Proposicións: as proposicións presentaranse no Rexistro de Licitacións (Secretaría Xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas durante os vinteseis días naturais seguintes á publicación do último dos anuncios nos BOP ou DOG.

Tamén poderán presentarse na forma prevista no paragrafo 2º da cláusula XI.1ª.

As proposicións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e cumprirán as fomalidades e documentación previstas na cláusula XI do prego.

Vilagarcía de Arousa, 2 de decembro de 1998.

Joaquín J. Gago López

Alcalde

0036