Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 1999 Páx. 304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COIRÓS

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o 17 de decembro de 1998, aprobou inicialmente o proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias, que afecta o SAU 4, redactado polo enxeñeiro de camiños Faustino García Blanco.

De conformidade co disposto no artigo 42.1º da Lei do solo de Galicia, sométese a información pública o expediente, durante un prazo dun mes a partir da publicación deste anuncio no DOG, no que poderán presentarse alegacións ou reclamacións.

Coirós, 22 de decembro de 1998.

Francisco Quintela Requeijo

Alcalde

11277