Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 1999 Páx. 303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do 27 de novembro de 1998 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Cangas, no ámbito da U.A. 12, que ten por finalidade reordena-lo ámbito da unidade de actuación, de xeito que se reduce o seu ámbito, se aumenta a superficie de zona verde (de 2.782 m a 3.377 m) e se recualifica o ámbito co fin de poder esgota-la edificabilidade actualmente prevista.

Contra o presente acordo, que é firme en vía administrativa, poderá interpoñerse, no prazo de dous meses, seguintes ó día da súa publicación no DOG, o recurso contencioso-administrativo, diante do Xulgado do Contencioso de Pontevedra.

Cangas, 18 de decembro de 1998.

Euloxio López Gutiérrez

Alcalde

0038