Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 1999 Páx. 298

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución do recurso extraordinario de revisión do expediente sancionador na orde social 456/1997.

Non sendo atopado no enderezo coñecido por esta delegación provincial o titular da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992,

que foi dictada resolución ó seu recurso extraordinario de revisión en relación co seu expediente sancionador informándoo de que no prazo de dous meses, contados a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia pode interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto na Lei do 27 de decembro de 1956, modificada polas leis do 17 de marzo de 1973, 30 de abril e 26 de novembro de 1992.

Expediente nº: 456/97.

Acta Inf. nº: 79/97.

Titular: Benigno Rodríguez Quintas.

NIF/DNI: 76.980.372.

Actividade: locutorio telefónico.

Enderezo: Gran Vía, 108, 8º K. 36203 Vigo.

Materia: traballo.

Data resolución recorrida: 30-10-1997.

Sanción: 501.000 ptas.

Acordo: non admisión por non concorreren as circunstancias legalmente establecidas

A Coruña, 20 de novembro de 1998.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

11507