Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 1999 Páx. 285

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 9 de decembro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro no recurso interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Lugo do 17 de febreiro de 1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Ley 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados cos datos e últimos domicilios coñecidos en Camiño de Romai, nº 5-1º C, 27028 Lugo, resolución do recurso ordinario número V-0272/98, interposto por José Antonio Romero Borja, contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) en Lugo, do 17 de febreiro de 1998, pola que no expediente 27-F-0040/97, acordou denega-las axudas económicas para a adquisición dunha vivenda para a súa familia numerosa da que a súa parte dispositiva di:

«Desestima-lo recurso ordinario número V-0272/98 interposto por José Antonio Romero Borja contra a resolución do delegado provincial do IGVS en Lugo, do 17 de febreiro de 1998, pola que no expediente 27-F-0040/97, acordou denega-las axudas económicas para a adquisición dunha vivenda para a súa familia numerosa; resolución que se confirma.

Contra esta resolución que se transcribe definitiva en vía administrativa cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, lembrándolle que debe comunicar previamente a esta consellería a devandita interposición conforme o artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en San

tiago de Compostela, o 9 de decembro de mil novecentos noventa e oito.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

10945