Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 1999 Páx. 280

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 14 de decembro de 1998 pola que se resolve definitiviamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes nos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde.

Convocada, pola Orde do 24 de setembro de 1998 (DOG nº 201, do 16 de outubro de 1998), a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 24 de setembro de 1998 (DOG nº 201, do 16 de outubro de 1998).

Segundo.-Adxudicarlle destino, nos postos de traballo que se indican, ó persoal que se relaciona no anexo á presente orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 1998.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Apelidos e nome: Gómez Fernández, José Ramón.

N.R.P.: 3324588735 A205W.

Grupo: A.

Nivel C.D.: 30.

Corpo ou clase: facultativo superior da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: subdirector xeral de Coordinación e Avaliación Asistencial.

Dependencia: División de Asistencia Sanitaria.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Suárez Domínguez, Mercedes.

N.R.P.: 3323867035 A205W.

Grupo: A.

Nivel C.D.: 28.

Corpo ou clase: facultativo superior da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: Servicio de Coordinación Asistencial.

Dependencia: División de Asistencia Sanitaria.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Tarrío Potel, Mª Dolores.

N.R.P.: 3545279835 A2059.

Grupo: D.

Nivel C.D.: 18.

Corpo ou clase: auxiliar da Administración da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: secretaria do director xeral.

Dependencia: División de Recursos Humanos.

Localidade: Santiago de Compostela.

11707