Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 08 de xaneiro de 1999 Páx. 252

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

ANUNCIO de exposición ó público da aprobación inicial do plan xeral de ordenación municipal de Tomiño (Pontevedra).

O Concello de Tomiño anuncia a exposición ó público e polo prazo dun mes, do acordo de aprobación inicial do plan xeral de ordenación municipal (PXOM), adoptado polo Pleno da Corporación, co

quórum da maioría absoluta, na sesión do día 19 de decembro de 1998, e redactado pola empresa Interurbán, S.A, no que se adaptan as vixentes NN.SS. á Lei 1/1997, do solo de Galicia, coas indicacións dadas no informe da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 22 de outubro de 1998.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, no BOP de Pontevedra, no xornal de maior circulación provincial e no taboleiro de edictos do concello, computándose o prazo de exposición ó público para a presentación de alegacións por calquera interesado desde a data da derradeira publicación.

No citado período daráselles audiencia ós municipios limítrofes e solicitaráselles informe ás administracións sectoriais competentes na materia.

O acordo de aprobación inicial do PXOM comporta a suspensión do outorgamento de licencias urbanísticas para parcelacións de terreos, edificacións e demolicións en todo o termo municipal durante o prazo dun ano contado a partir da citada derradeira publicación, de conformidade co artigo 34 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, coa particularidade de que poderán outorgarse licencias baseadas no réxime urbanístico vixente sempre que respecten as determinacións do novo planeamento, segundo o artigo 120.1º do Regulamento de planeamento (R.d. 2159/1978, do 23 de xuño).

Tomiño, 23 de decembro de 1998.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde

11950