Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 08 de xaneiro de 1999 Páx. 252

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e 140 do Regulamento de planeamento, faise público que por resolución da Alcaldía do 17 de decembro de 1998 foi aprobado inicialmente o estudio de detalle do polígono urbanístico comprendido entre a praza de España e a rúa Buenos Aires, promovido pola xunta de compensación deste.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio, as persoas interesadas poderán examina-lo expediente nas oficinas municipais do Concello de Ribadeo e presenta-las alegacións que coiden pertinentes.

Ribadeo, 21 de decembro de 1998.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde

11949