Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 08 de xaneiro de 1999 Páx. 251

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO de licitación.

En cumprimento da resolución da Alcaldía con data do 14-12-1998 e do disposto nos artigos 79 da 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 326 da Lei 7/1997, do 22 de xullo, da administración local de Galicia, faise pública a licitación do seguinte contrato de obra:

1. Obxecto: acondicionamento de camiños nas parroquias de Remourelle, Arante, Cedofeita, Cuvelas, Vilela, Reme, Lourido, Couxela e Noceda.

2. Tramitación: ordinaria.

3. Procedemento: aberto.

4. Sistema de adxudicación: concurso.

5. Prezo e financiamento: 12.300.000 ptas., IVE incluído, con cargo á partida 99/511.610.

6. Prazo de execución: nove meses.

7. Período de garantía: un ano.

8. Fianza provisional: 246.000 ptas.

9. Fianza definitiva: 4% do orzamento do contrato.

10. Clasificación: como empresa de obras, grupo G, subgrupo 6, categoría c), non imprescindible.

11. Presentación de ofertas: durante os 26 días naturais seguintes á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, cos requisitos do artigo 8 do prego de condicións, presentándoas no rexistro do concello ou remitíndoas por correo, comunicándoo neste caso mediante telegrama ou fax.

O prego de condicións económico-administrativas particulares está á disposición de tódolos contratistas interesados nas oficinas xerais do Concello de Ribadeo, Pza. de España, nº 1, 27700 Ribadeo-Lugo, Tfno.: 982 12 86 50, fax: 982 13 09 75, horario de atención ó público de 9 a 14 horas de luns a venres.

12. Modelo de proposición: «D....., veciño de....., con enderezo en....., titular do DNI/NIF....., en nome propio (ou en representación de....., conforme acredito con poder verificado na súa suficiencia), informado do concurso tramitado polo Concello de Ribadeo para a adxudicación, mediante procedemento aberto, das obras de acondicionamento de camiños nas parroquias de Remourelle, Arante, Cedofeita, Cuvelas, Vilela, Reme, Lourido, Couxela e Noceda, comprométese a executalas na forma determinada no prego de cláusulas administrativas, que integramente acepto, por un prezo de...... ptas. (en letra e número) e para tal efecto achega memoria comprensiva dos seguintes extremos:

A) Programa de obras e prazos de execución (proposta técnica).

B) Plan de control de calidade (proposta técnica).

C) Mellora nas calidades da obra (proposta técnica».

13. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación en acto público, segundo a cláusula 11 do prego, dentro dos dez días seguintes ó do remate de presentación de ofertas e logo da convocatoria ós licitadores.

Ribadeo, 14 de decembro de 1998.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde

11959