Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 07 de xaneiro de 1999 Páx. 175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DO MORRAZO

ANUNCIO.

Con data do 17 de decembro de 1998, a Xunta da Mancomunidade aprobou o expediente de contratación relativo ás obras Complexo Medioambiental para Tratamento de R.S.U. e asimilables da Mancomunidade de Concellos do Morrazo.

De conformidade co sinalado no artigo 122.1º do R.D. lexislativo 781/1986, do 18 de abril, exponse ó público durante oito días o prego de condicións, para os efectos de que poidan presentarse reclamacións, anunciándose, ó mesmo tempo, a licitación acordada, que se aprazará no suposto de que se formulasen alegacións.

1. Entidade adxudicadora:

a) Mancomunidade de Concellos do Morrazo, Xunta de Goberno da Mancomunidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: construcción do Complexo Medioambiental de Tratamento de Residuos Sólidos Urbanos (RSU) e asimilables da Mancomunidade de Concellos do Morrazo. Redacción do

proxecto de execución e colaboración na explotación durante os doce meses seguintes ó remate da obra.

b) Lugar de execución: Concello de Bueu.

c) Prazo de execución: para a realización da obra prevese un prazo máximo de quince meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 538.667.871 ptas.

5. Garantías:

Provisional: 10.773.357 ptas.

Definitiva: 21.546.715 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Mancomunidade de Concellos de Morrazo.

b) Domicilio: Eduardo Vicenti nº 10.

c) Localidade e código postal: Bueu, 36930.

d) Teléfono: 986 32 00 63/986 32 02 52.

e) Telefax: 986 32 20 99.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día anterior á data de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación:

Grupo C, subgrupo 2 e 3, categoría D.

Grupo I, subgrupo 8, categoría D.

Grupo J, subgrupo 1, 2 e 5, categoría D.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: dentro dos trinta días naturais seguintes ó de publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula XI do prego de condicións administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: Mancomunidade de Concellos do Morrazo.

2º Domicilio: Eduardo Vicenti nº 10.

3º Localidade e código postal: Bueu, 36930.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: admítese unha soa variante á oferta básica sendo esta última obrigatoria.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Macomunidade de Concellos do Morrazo. Xunta de Goberno.

b) Domicilio: Eduardo Vicenti nº 10.

c) Localidade: 36930 Bueu.

d) Data: o quinto día hábil seguinte, non sábado, a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións:

Son criterios obxectivos de adxudicación do concurso ponderándose todas elas de 0 a 10 puntos (10%) os seguintes:

1.-Importe total das obras correspondentes á solución elixida.

2.-Custo total da explotación, por tonelada de r.s.u. tratado, calculada á data da licitación.

3.-Cualificación do equipo técnico ofertado polo licitador.

4.-Referencias, experiencia e resultados satisfactorios comprobables na execución de instalacións similares, durante os cinco últimos anos, así como experiencia na explotación.

5.-Reducción no prazo de execución, especialmente os prazos previstos para o funcionamento parcial do complexo.

6.-Ampliación no prazo de colaboración na explotación.

7.-Solución adoptada para o proceso. Volume e características dos productos finais obtidos e producidos de cada unha das posibilidades reais de manexo e depósito posterior.

8.-Calidade do estudio e redacción do proxecto presentado coa oferta.

9.-Volume de traballos comprendidos no presente proxecto que o contratista se compromete a contratar con empresas da comarca.

10.-Propostas máis axeitadas técnica e economicamente para a explotación, selado e solucións transitorias precisas para o tratamento de r.s.u. xerados polos concellos que o requiran.

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

Bueu, 18 de decembro de 1998.

Xosé Novas Piñeiro

Presidente da Mancomunidade do Morrazo