Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 07 de xaneiro de 1999 Páx. 175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión extraordinaria con data do 26 de novembro de 1998, acordou aprobar inicialmente o proxecto de subdivisión da unidade de actuación UA-1 delimitada polas vixentes normas subsidiarias de planeamento do municipio de Oroso, por instancia de Manuel Piñeiro Cernadas, en representación de Promociones Inmobiliarias Chinto S.L.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 121 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, en concordancia co artigo 38 do Regulamento de xestión urbanística, sometendo o proxecto aprobado a información pública polo prazo de 20 días hábiles contados a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou se ignora-lo seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Oroso, 27 novembro de 1998.

Eugenio Neira Garcia

Alcalde-presidente

11912