Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 07 de xaneiro de 1999 Páx. 174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARRAL

ANUNCIO.

A Corporación Municipal do Concello de Carral, na sesión plenaria realizada o día 23 de decembro de 1998, adoptou entre outros o acordo de aprobación inicial do expediente de modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento urbanístico respecto de terreos propiedade de Martín Cortés Cacheiro, situados na parroquia de Tabelaio, co fin de poder dota-la antedita parroquia dunhas instalacións deportivas ó descuberto e palia-lo déficit existente na actualidade deste tipo de instalacións.

O que se fai público para os efectos do disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, co fin de que quen poida resultar interesado no expediente o poida examinar nas dependencias do concello durante o prazo dun mes, que comezará a contar desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Carral, 30 de decembro de 1998.

Juan M. Vales Rodríguez

Alcalde

10949