Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 07 de xaneiro de 1999 Páx. 173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

ANUNCIO.

Nos boletíns oficiais da provincia de Pontevedra números 221 e 222, de datas 16-11-1998 e 17-11-1998 respectivamente, publícanse integramente as bases para a provisión en propiedade, das prazas que se relacionan a seguir, vacantes no cadro de persoal de funcionarios do Concello de Caldas de Reis.

Persoal funcionario de carreira:

-Grupo segundo artigo 25 da Lei 30/1984: C.

Clasificación: escala de Administración xeral. Subescala administrativa.

Denominación: administrativo de Administración xeral.

Número de vacantes: unha.

Sistema de selección: concurso-oposición, promoción interna.

-Grupo segundo artigo 25 da Lei 30/1984: D.

Clasificación escala de Administración xeral. Subescala auxiliar.

Denominación: auxiliar de Administración xeral.

Número de vacantes: unha.

Sistema de selección: concurso-oposición, promoción interna.

-Grupo segundo artigo 25 da Lei 30/1984: E.

Clasificación: escala de Administración xeral: Subescala subalterna.

Denominación: alguacil.

Número de vacantes: unha.

Sistema de selección: concurso-oposición libre.

-Grupo segundo artigo 25 da Lei 30/1984: C.

Clasificación: escala de Administración especial. Subescala de servicios especiais. Clase cometidos especiais.

Denominación: técnico auxiliar de actividades culturais e educativas.

Número de vacantes: unha.

Sistema de selección: oposición libre.

Persoal laboral:

-Nivel de titulación: D.

Denominación do posto: auxiliar do servicio social.

Número de vacantes: unha.

Sistema de selección: concurso.

O prazo de presentación de instancias finalizará unha vez transcorridos vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Os seguintes anuncios relacionados coas convocatorias faranse públicos no BOP de Pontevedra e no taboleiro de anuncios do concello.

Caldas de Reis, 20 de novembro de 1998.

O alcalde

Rubricado

11043