Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 07 de xaneiro de 1999 Páx. 167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/135-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Bouzas-Nocelo.

Situación: Baños de Molgas.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV de 871 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 49 da L.M.T. a Vixueses e remate no C.T. de Bouzas. L.M.T. aérea, a 20 kV de 669 metros en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 3 da L.M.T. a C.T. de Bouzas e remate no C.T. con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Nocelo. R.B.T.S. aéreas do C.T. de Bouzas e do C.T. de Nocelo con 850 e 560 metros respectivamente en conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 25 de novembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

11247