Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 07 de xaneiro de 1999 Páx. 164

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/336-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A..

Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: R.B.T. Carregal de Abaixo.

Situación: Tomiño.

Descricións técnicas: R.B.T. aérea, de 415 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, en Carregal de Abaixo, concello de Tomiño.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes e en relación co condicionado establecido polo Concello de Tomiño, teranse en conta os artigos 15 do Decreto 2617/1966 e 29 do Decreto 2619/1966.

Pontevedra, 22 de outubro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

11237